logo
logo
Sign in

Feijóo salienta que a Xunta impulsará ata finais de ano actuacións para a mellora de 28 albergues públicos en sete rutas do Camiño

avatar
Galicia24h

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Goberno galego impulsará ata finais de ano actuacións para a mellora de 28 albergues públicos, en sete rutas do Camiño.

Deste xeito, no Camiño Francés levaranse a cabo remodelacións integrais en dous albergues: o de Arca (O Pino) e o de Palas de Reis; así como as obras de mellora noutros catro albergues – no de Sarria; no de Airexe-Ligonde, en Monterroso; no de Triacastela e no de Mato-Casanova de Palas de Rei-.

Na Vía da Prata, poranse en marcha obras en 5 albergues -Ourense, Sandiás, Vilar de Barrio, Xinzo e Xunqueira de Ambía-; no Camiño Portugués, executaranse traballos nos albergues de Pontevedra, Teo, O Porriño e Valga; no Camiño do Norte, as actuacións realizaranse nos albergues de Gontán, Lourenzá, Mondoñedo e Ribadeo; e no de Fisterra-Muxía executaranse traballos nos de Muxía, Fisterra e Olveiroa.

Así mesmo, no Camiño Primitivo levaranse a cabo melloras no da Fonsagrada, Lugo, Seixas e San Román da Retorta, en Guntín; e no Camiño Inglés actuarase no albergue de Miño.

Esta iniciativa permitirá mellorar as condicións de confort dos usuarios, a accesibilidade e eficiencia enerxética dos edificios, ademáis da mellora ambiental e a conservación do patrimonio galego.

Logo de precisar que os traballos de mellora das instalacións de acollida aos peregrinos completaranse con actuacións de mellora de iluminación nas instalacións do Monte do Gozo, Feijóo resaltou a aprobación do decreto polo que se actualiza a regulación da marca Xacobeo 21-22, despois da prórroga do Ano Santo. Deste xeito, a marca Xacobeo 21-22 aplicarase sempre que proceda á adquisición, reposición ou reedición dos elementos que deban exhibila, se ben seguirase empregando ata esgotarse as existencias o material anterior á entrada en vigor do decreto.

Ver mas

collect
0
avatar
Galicia24h
guide
Zupyak is the world’s largest content marketing community, with over 400 000 members and 3 million articles. Explore and get your content discovered.
Read more